Pautas:
https://drive.google.com/file/d/1-CwptlVYQBXq_-2SJWsg8EFv0nAAmPha/view?usp=sharing
Os cordóns:
Material: zapatos con cordóns
Actividade: practicar a pasar o cordón polos distintos buratos do zapato.
Alternativa: facer nós aos cordóns do zapato.
Ensartar con cordóns:
Material: cordóns dun zapato
Actividades iniciais: pasar o fío polo burato das asas das bolsas e dos cartóns de papel hixiénico.
Actividades finais: pasar o cordón polo oco das pinzas da roupa e dos macarróns.
Traballo sensorial:
Pelotas sensoriais:
Propoño un vídeo que explica como facer, en dous minutos, globos sensoriais. Estas pelotas tamén serven como elemento de relaxación, polo que, espero que favoreza a conduta dos vosos fillos e fillas.
A diferenza con outros vídeos que colguei con anterioridade, é que a elaboración das pelotas vai resultar complexa para que os vosos fillos e fillas vos poidan axudar, no obstante, é moi doado para os adultos. E leva moi pouquiño tempo crear novos modelos.
A actividade consiste en xogar manipulando as pelotas. Espero que vos animedes con elas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario