lunes, 25 de mayo de 2020

Ademais, hoxe invítovos a facer un pequeno reto. Animádesvos?
 
Como levan os vosos fillos e fillas o de poñerse a mascarilla para saír á rúa? 
Propoño que gravedes pequenos vídeos ou saquedes fotos, de vós e a vosa familia levando a mascarilla posta, en diferentes contextos.
 
Podedes montar o voso propio vídeo, ou enviarme o material ao correo (se non o tedes, pedídemo sen problema). E, se me indicades cal é a canción favorita do voso fillo, farei o seu vídeo específico, para logo, enviarvolo a través de correo.
Nesta semana propoño recordar estes conceptos sobre a reciclaxe.
Sóavos a canción que sae no vídeo? foi a que elixistes para celebrar o noso carnaval no cole. ☺
Espero que vos guste e sexa de utilidade. Gustariame moito ver fotos e/ou vídeos vosos reciclando na vosa casa ou, agora que xa comezamos a fase 2, facéndoo na rúa. Moito ánimo!

lunes, 18 de mayo de 2020

O profe Pablo non se esquece de vós, e segue achegando ao seu blog novas propostas para realizar cos vosos fillos e fillas durante esta etapa de confinamento.
Botádelle un ollo porque moitas delas son específicas para os alumnos e alumnas deste grupo 2, como a sesión de circuitos e actividades de relaxación.
 
Para calquera suxerencia ou dúbida, estamos a vosa disposición.

domingo, 17 de mayo de 2020

 
Hoxe, 17 de maio, día das Letras Galegas 2020, gustaríame compartir con todos e todas vós, dous vídeos que elaborei, con todo o meu cariño, para os vosos fillos e fillas.
 
Este primeiro, dura un minuto e trata sobre a vida de Ricardo Carvalho Calero, escritor ferrolano a quen se lle dedica o día de hoxe. Anímovos a que llo leades aos vosos fillos.
   
 
 
 
Este, é unha adaptación do seu conto: As pitas baixo a choiva. Espero que vos guste. Ten sorpresa!   
                                                                                       

martes, 12 de mayo de 2020

 Sinto a demora deste vídeo. 
 
Penso que o frasco da calma pode ser unha ferramenta útil e efectiva, xa que axudará a reducir os estados de ansiedade e/ou enfado dos vosos fillos ou fillas. ´
 
Aquí vos deixo como se fai. Moito ánimo!