Hoxe quero despedirme de todos e todas vós, cunha última publicación. Esta canción que atopei en YouTube e que espero que vos guste: https://www.youtube.com/watch?v=qzbu3EgmEvM
Disfrutade e aproveitade motio estes meses de vacacións. Bo verán a todos e a todas!!!
Un saúdo moi grande,
A vosa profe.
jueves, 2 de julio de 2020
martes, 2 de junio de 2020
Para os vindeiros días propoño que fagades esta actividade tan entretida, usando caixas e rolos de cartóns.
Serve para traballar a atención, a motricidade fina, as cores e as secuencias.
Espero que vos guste esta Caixa manipulativa:
- se non queredes pintar, podedes facer igualmente a actividade, observando cantas pezas sodes capaces de encaixar.
- se o facedes por cores: Cantas series diferentes dades feito?
Moito ánimo!
lunes, 25 de mayo de 2020
Ademais, hoxe invítovos a facer un pequeno reto. Animádesvos?
Como levan os vosos fillos e fillas o de poñerse a mascarilla para saír á rúa?
Propoño que gravedes pequenos vídeos ou saquedes fotos, de vós e a vosa familia levando a mascarilla posta, en diferentes contextos.
Podedes montar o voso propio vídeo, ou enviarme o material ao correo (se non o tedes, pedídemo sen problema). E, se me indicades cal é a canción favorita do voso fillo, farei o seu vídeo específico, para logo, enviarvolo a través de correo.
Nesta semana propoño recordar estes conceptos sobre a reciclaxe.
Sóavos a canción que sae no vídeo? foi a que elixistes para celebrar o noso carnaval no cole. ☺
Espero que vos guste e sexa de utilidade. Gustariame moito ver fotos e/ou vídeos vosos reciclando na vosa casa ou, agora que xa comezamos a fase 2, facéndoo na rúa. Moito ánimo!
lunes, 18 de mayo de 2020
O profe Pablo non se esquece de vós, e segue achegando ao seu blog novas propostas para realizar cos vosos fillos e fillas durante esta etapa de confinamento.
Botádelle un ollo porque moitas delas son específicas para os alumnos e alumnas deste grupo 2, como a sesión de circuitos e actividades de relaxación.
Para calquera suxerencia ou dúbida, estamos a vosa disposición.
domingo, 17 de mayo de 2020
Este primeiro, dura un minuto e trata sobre a vida de Ricardo Carvalho Calero, escritor ferrolano a quen se lle dedica o día de hoxe. Anímovos a que llo leades aos vosos fillos.
Este, é unha adaptación do seu conto: As pitas baixo a choiva. Espero que vos guste. Ten sorpresa!
martes, 12 de mayo de 2020
Sinto a demora deste vídeo.
Penso que o frasco da calma pode ser unha ferramenta útil e efectiva, xa que axudará a reducir os estados de ansiedade e/ou enfado dos vosos fillos ou fillas. ´
Aquí vos deixo como se fai. Moito ánimo!
miércoles, 29 de abril de 2020
Dentro da pestana de "Desenvolvemento psicomotor", no apartado de "Traballo sensorial", coguei un vídeo moi interesante, sobre como facer, en dous minutos pelotas sensoriais. Estas tamén favorecerán a regular a conduta dos vosos fillos e fillas. Espero que vos resulte interesante.
O próximo vídeo que subirei será como facer un frasco da calma.
domingo, 26 de abril de 2020
Esta semana comparto un vídeo que explica como facer pintura na casa.
Unha receita tan fácil e sinxela como entretida e divertida para os vosos fillos e fillas.
Unha receita tan fácil e sinxela como entretida e divertida para os vosos fillos e fillas.
jueves, 23 de abril de 2020
No seguinte enlace pódese acceder, de forma gratuita, á rede de bibliotecas públicas de Galicia. Agardo que vos guste. https://www.galiciale.gal/index_es.html
miércoles, 22 de abril de 2020
Hoxe propóñovos unha actividade moi sinxela e divertida coa que os vosos fillos e fillas mellorarán a concentración, a creatividade e a motricidade fina, á vez que experimentarán diversas texturas. Animádesvos a facer plastilina caseira?
martes, 14 de abril de 2020
Na páxina do cole, dentro da etapa de EDUCACIÓN FÍSICA, o voso profe Pablo está subindo tarefas e pautas para guiarvos a vós e a os vosos fillos e fillas durante esta temporada de confinamento; e seguir practicando un pouquiño de deporte. Animádesvos??
Para empezar cun pouco de anatomía, imos poñerlle ritmo á vez que tocamos coas mans as seguintes partes de corpo: https://www.youtube.com/watch?v=71hiB8Z-03k
Para calquera dúbida, ou suxerencia específica, Pablo queda a vosa disposición.
miércoles, 1 de abril de 2020
Propóñovos facer un xogo moi divertido, á vez que combatimos ao noso enemigo, o coronavirus. Quen será o gañador? Para saber como se xoga prema no seguinte enlace:
https://www.youtube.com/watch?v=XnIo0uRgKSQ
Suscribirse a:
Entradas (Atom)